DISTANT SOUNDS é unha asociación cultural sen ánimo que nace no ano 2.018 co obxectivo de dar apoio a escena galega dando un xiro a forma de enfocar a música en directo e relacionala con outras disciplinas artísticas e activar e apoiar a escena alternativa conformada por bandas, disqueiras, salas e público de toda Galicia.
Dende Distant Sounds levamos dende o ano 2.018 organizando o ciclo de concertos Sofar Sounds A Coruña. Este ciclo de concertos implantado en máis de 400 cidades en todo o mundo busca descontextualizar a música en directo e darlle un papel principal en cada evento. Temos celebrado concertos en perruquerías, sastrerías e mesmo no Aquarium Finisterrae.
No ano 2.021 organizamos a primeira edición de “Diske Disco” Feira de Discográficas Indepedentes que tivo a súa replica no 2.022. DISKE DISCO é unha xuntanza de selos independentes galegos que sirve de escaparate das iniciativas existentes en Galicia. Unha canle para promover redes de apoio entre profesionais e que faga visible estas iniciativas tan importantes e complicadas como é a creación e mantemento dun selo discográfico completamente independente.
No ano 2.022 organizamos “Endless Summer Fest” en RazSurf Camp.
De vez en cando tamén facilitamos as bandas encontrar onde tocar e tentamos botar unha man en que poidan xirar.
Neste 2.025 imos realizar unha xornadas sobre o estado da escena alternativa en Galicia.


